BDagoxía > Novidades:
Chega a BDagoxía!

05-06-2008 | 8:22 am por Redacción

BD Banda abre unha sección de recursos sobre banda deseñada para educadores e dinamizadores culturais

logo2.JPG

BDagoxía: Este é o nome da nova sección que abrimos no noso web. Trátase dun espazo destinado especificamente a educadores, bibliotecarios, técnicos culturais, animadores socioculturais e todo tipo de profesionais interesados en aproveitar as posibilidades da banda deseñada para os seus proxectos. Ler o resto da nova »

Santander tamén BDagoxiza

20-06-2008 | 2:17 pm por Redacción

No marco dos cursos da Universidade Internacional Menéndez Pelayo en Santander, Jordi Ojeda dará a charla: Cómics a puerto: una herramienta pedagógica original.

Máis información en La Cárcel de Papel

Curso en Bilbao

16-06-2008 | 12:17 pm por Redacción

Outra oportunidade para se pór ao día sobre a BD. Entre o 30 de xuño e o 2 de xullo a Alhóndiga de Bilbao programa o curso Teoría e práctica da historieta, que tratará todos os ámbitos da edición e da creación da man de recoñecidos profesionais.

Máis información

Aprender BD en León

12-06-2008 | 11:47 am por Redacción

A Universidade de León organiza os días 7, 8 e 9 de xullo o curso Viajes al centro del cómic: Clásicos y modernos, no que destacados autores, críticos e profesionais do sector a nivel estatal analizarán aspectos creativos, históricos e artísticos da BD. Entre os destinatarios do proxecto, están especificamente contemplados os profesores de secundaria e intersados pola BD en xeral.

O programa íntegro dispoñible aquí

BDs didácticas

09-06-2008 | 12:33 pm por Redacción

Aragón e Castela-León apostan polas BDs de contidos didácticos

Unha BD sen principio nin final animou os escolares aragonses a completar a historia e coñecer o proxecto de tranvía para Zaragoza. O resultado desta actividade presentouse hoxe mesmo na capital aragonesa. Pola súa banda, Castela e León anunciou a vindeira edición de 25.000 exemplares dunha versión en BD do seu estatuto de autonomía.

Máis datos da man de Entrecómics

Son dous xeitos de traballar, dúas visións sobre as posibilidades de facer BDs con contidos especificamente didácticos. Podemos debater cal das dúas ten máis posibilidiades de funcionar… Pode facerse atractiva unha BD sobre un texto xurídico? Ata que punto cómpre a interactividade para que captar o interese dos destinatarios por unha proposta didáctica? Ata que punto cómpren BDs feitas especificamente para tratar segundo que contidos? Ata que punto é importante a calidade propia da obra? O que se está a ver, cando menos, é que hai unha crecente consciencia das posibilidades dos cadriños…

Novo número de Comic Tecla

09-06-2008 | 11:47 am por Redacción

Xa dispoñible en pdf o número 25 do imprescindible Comic Tecla, boletín das bibliotecas de Hospitalet sobre Banda Deseñada, e un exemplo a seguir.

BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina |

27 peticións. 0.261 s.